If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.
You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!
O prazo de inscrición de vídeo finalizou o 10 de maio. Agora xa podes ver traballos participantes e votar polo teu preferido. Participarás no sorteo de camisetas e DVDs.
Participantes
Listado dos traballos participantes por orde de inscrición:
Entre os días 10 e 18 de maio estará aberto o prazo para votar polo teu vídeo favorito a través de Internet. Ao que acade máis votos entregaráselle o Premio do Público.
Premios e Gañadores
Noraboa a todos premiados e o noso agradecemento a todos os participantes. Poñerémonos en contacto por correo electrónico para comunicarvos o premio.
Premio Rodaxe
O grupo Rodaxe Obradoiro Audiovisual concede este premio ao mellor traballo audiovisual a...
Nos próximos días publicaremos aquí o listado dos gañadores dunha camiseta conmemorativa do festival, unha vez realicemos o sorteo entre todos os votantes que participástedes na elección no premio de público.
Proxeccións e gala de entrega de premios
Entre os días 10 e 18 de maio organizaranse diferentes proxeccións públicas para exhibir os traballos participantes no concurso. Nestas proxeccións haberá dispoñibles papeletas para votar polo mellor vídeo que se sumarán aos votos recollidos no formulario online e decidirán o vídeo gañador do premio do público. Entre todos os votos recibidos sortearanse lotes de camisetas e DVD's promocionais cos traballos presentados.
Os gañadores dos distintos premios daranse a coñecer na gala de entrega de premios terá lugar no Auditorio de Ribeira o martes 18 de maio ás 21:00.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.